INSTRUCCIÓNS VR
O xogo CINBIO Play está deseñado principalmente para ser xogado en dispositivos móbiles, xa que a opción VR do modo “Bonus” precisa duns lentes VR (ofrecidas polo CINBIO, ou propias do usuario/a) para a súa execución. Para a súa correcta visualización é recomendable xogar empregando pantalla completa, accesible premendo a icona que se atopa na parte inferior, baixo a barra de tempo.
A tecnoloxía VR permite xerar espazos tridimensionais a partir de contornas 360º: simulando escenas ou obxectos de aparencia real. Esta tecnoloxía refírese a unha realidade xerada mediante tecnoloxía informática, que crea no usuario a sensación de inmersión no espazo en función do movemento físico do usuario/a.
Dentro deste sistema de visualización 3D, para a aplicación do CINBIO Play deseñáronse animacións para o sistema VR empregando teléfonos móbiles.
Cando remate a rolda de preguntas, deberase pechar a ventá de resultados e accederase ao nivel Bonus. Ao premer na icona das gafas VR, o navegador (Chrome, Firefox, Safari…) dará a escoller varias opcións de gafas VR. A opción recomendada é a de Google Cardboard na súa versión por defecto. A opción superior na imaxe que se amosa no exemplo.
É posible que algúns dispositivos soliciten máis permisos. Se a aplicación non conta con eles, non poderá funcionar de forma axeitada. En caso de erros inesperados recoméndase limpar a caché do navegador e tentar de novo.