Empápate de Ciencia con C de CINBIO!

Coñeces o CINBIO?

O CINBIO é un centro de investigación de referencia en nanomateriais e biomedicina, situado en Vigo, que traballa no desenvolvemento de terapias avanzadas, métodos de diagnose temprana e prevención (entre outros). Somos máis de duascentas persoas traballando no ámbito científico, en distintas áreas de coñecemento como Química, Bioloxía, Física, Medicina, Matemáticas, Informática…

Cada ano, celebramos “Ciencia con C de CINBIO” un programa que busca abrir as portas do centro á sociedade e dar a coñecer o noso traballo de investigación. Velaquí un pequeño xogo tipo trivial co que buscamos achegar á mocidade: a ciencia, a investigación e o labor investigador que leva a cabo o CINBIO. Unha iniciativa diferente que tén como obxectivo fundamental espertar o interese sobre o mundo científico na xuventude, poñendo en valor a ciencia e a investigación.

CINBIO PLAY VR

Este xogo está composto por 3 niveis: Pon a proba o teu coñecemento científico! Terás que atopar os ítems aos que fan referencia as preguntas para poder avanzar a través dos niveis nesta experiencia de Realidade Aumentada.

Se precisas axuda para facer funcionar o xogo, recomendámoste acceder as instrucións que atoparás debaixo.

CINBIO PLAY VR